XOÁN CRUJEIRAS

O gusto é o motor que move a vida de Juan Manuel Crujeiras. Tanto polo producto e por lograr o mellor sabor como por facer que aqueles que entran no seu restaurante se sintan felices. "A clave é cociñar a gusto". "Ás veces dinme que o que temos preparado tróuxolles recordos da súa infancia ou de algunha persoa querida e iso é un triunfo para min".  

Nesa filosofía de estar a gusto, o equipo humano é fundamental: "podes ser un magnífico cociñeiro pero, sen un bo equipo, todo iso perderíase", por iso lle gusta rodearse de grandes profesionais, que sexan cercanos e fagan sentir cómodos a quenes se acercan ao seu restaurante. "Queremos que os despidan co mesmo cariño co que os recibiron; a un restaurante  vas pola fama pero volves pola boa cociña e o bo trato". 

Podería parecer que sempre tivo moi claro a que iba a adicarse pero, en realidade, foi a cociña quen o encontrou a él: "Son cociñeiro, non por vocación, senon por casualidade. Alguén cercano nalgún momento pensou que me podería gustar, e a casualidade levoume a namorarme do que é agora o meu hobby, a miña paixón e a miña forma de vida". Foi todo un acerto: "Na vida, como na cociña, todo é probar".

Tras atopar o seu camiño seguiu adquirindo experiencia en diversas cociñas de Galicia ata lograr un dos recoñecmentos máis importantes da súa vida profesional, abrir o seu primeiro restaurante, A Estación (Cambre): con él, entre outros moitos recoñecementos e satisfaccións, logran unha estrela Michelin e un Sol Repsol. Agora compaxina o seu novo proxecto, Bido, coa súa tarefa como profesor no instituto Fragas do Eume en Pontedeume, onde trata de trasladar a súa experiencia ás novas xeracións de cociñeiros.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez