MARINA CHIAVEGATTO

(Rio de Xaneiro, 1986)

 

Brasileira de nacemento, portuguesa de criación e galega de adopción. Marina Chiavegatto é xornalista e xestora de contidos dixitais. Traballou en diferentes medios de comunicación nacionais e internacionais. Desde hai 10 anos dedícase á comunicación e ao audiovisual. Pasou polo Xornal Público (Portugal), Bambú Produciones (Madrid), V Televisión (La Voz de Galicia) e actualmente traballa desenvolvendo estratexias de comunicación dixital para distintas marcas. O seu máis recente proxecto é un documental sobre “a silenciosa revolución das mulleres de Vilasantar”.

É a responsable de comunicación do Festival Resis de Música Contemporánea da Coruña.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez