HACHÈ COSTA

Compositor nacido en Noia, A Coruña, en 1980. Posuidor de estudos parciais en Filoloxía e Filosofía, formouse principalmente en Composición con José Ramón García Vázquez, en Guitarra Clásica con Ignacio Gea e Alirio Camacaro, Guitarra Moderna e Improvisación con Carlos Bello e Andrés Rivas, e especializouse en Film Scoring da man de José Nieto, Eva Gancedo o Alberto Iglesias.

Interesado na investigación de relacións multidisciplinares, especialmente nos campos da Fonética e a Lingüística, realiza estreas como “Música para un Aullido” en colaboración cos escritores Manuel Rivas, Xoán Abeleira ou Fran Alonso sobre a obra poética de Allen Ginsberg ou breves pezas de experimentación vocal como "Sappho" ou “Portrait Of: for Solo Voice”.

Entre a súa produción de música para audiovisual destacan as colaboracións co renomeado xornalista Fernando Olmeda en títulos de repercusión cultural como "Imprescindibles: Josep Plá" (RTVE), “El Viaje de Carla” (OLMEDANI) ou o documental de referencia "Rafael Azcona" (RTVE), sendo outros traballos recoñecidos a orquestración da música para as longametraxes "Campeones" (2018 – 3 Premios Goya da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de España) e “Camino” (2011 – 7 Premios Goya da Academia de Artes e Ciencias Cinematográficas de España) de Javier Fesser.

No ámbito da música contemporánea, nos últimos anos estreou diversas obras para coro como "Second Fugue on a Theme by Mark Rothko", “Lux Aeterna” ou "Secondo Pater Noster" (Montreal, Canadá), así como obras electroacústicas como “A Pollock Review” (Baltimore County - Maryland, USA) ou partituras camerísticas como "On Cuba" (Barcelona, España), “Astral” (Cincinnati - Ohio, USA), “passato. presente. futurismo” (Santiago de Compostela, España), “passaggio” (Madrid, España), “The White Book of TAROT” (Rostov-on-Don, Rusia) ou "Anima for solo guitar" (Cidade de Faro, Portugal). En 2017 resultou premiado co Miami GUITArt Composition Prize da Universidade de Florida pola súa partitura “Õ – Omaggio a Federico García Lorca”, así como seleccionado pola Universidade Estadual do Paraná como compositor residente do proxecto Música Nova coa obra “Requiem for Clock & Ensemble”, mentres que no 2018 foi o compositor residente español do proxecto turco-italo-español ERASMUS "Music for Peace".

Entre as súas próximos estreas encóntranse a obra “secondo passaggio astrale” (Berlín, abril 2019) así como diferentes pezas de videoarte como “Lux Aeterna” ou “Passaggio 3”, mentres atende a diferentes encargas realizadas no ámbito teatral (“Rèquiem para Lorca”, “UBÚ Le Roi”) ou de produción fonográfica da súa propia obra de concerto (“songs not from east & west”, "WALLS").

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez