menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

Manuel del Río

CORRESPONDENCIAS SONORAS

Sobre "Vertixe Sonora"

Sábado, 18 de maio

 

Fundación Luis Seoane

11:00-15h e 17:00-20:30h

Entrada libre

(ata completar aforo)

Correspondencias Sonoras é un documental de Manuel del Río que plasma a labor da ensemble galega de música contemporánea Vertixe Sonora.

 

Director, produtor e escritor, Manuel del Rio é unha figura absolutamente inclasificable do novo cinema galego. Despois de realizar diversas curtametraxes nas que se dan a man o cinema experimental e a música de vangarda, presenta Correspondencias Sonoras, unha longametraxe documental que segue o día a día do Vertixe Sonora Ensemble.

Filmado no Centro Galego de Arte Contemporánea inclúe entrevistas, concertos, conferencias, exposicións... Compositores coma Ramón Souto ou David Hernández Ramos reflexionan sobre vangarda, a relación co público e a escoita nunha proposta imprescindible para coñecer a música do noso tempo.

EQUIPO ARTÍSTICO

Dirección e montaxe

Manuel del Río

 

Colaboración

Paco Yáñez

Fotografía

Xurxo Gómez-Chao

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez