menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

Begoña M. Santiago

COSMOS

"Todo o que está ordenado"

Do 3 de maio ao 30 de maio

Luns a venres,  17:00-19:00h

A Normal, UDC

Inauguración

20:00h, A Normal

Recollida de invitacións

en A Normal, A Coruña

O último proxecto de Bego M. Santiago invítanos a mergullarnos na serie “Cosmos, todo o que está ordenado”, unha colección de cuncas místicas, pantallas líquidas e pozos sen fondo que a través da cine-escultura recolle o testemuño do desbordamento Valdelomariano. 

 

Unha inmersión persoal nas profundidades da Xeometría Sagrada, que se aproxima ao “número idea” dende os seus niveis de lectura estéticos, simbólicos e místicos para crear unha obra líquida sobre a conciencia individual e todo aquilo que a relaciona co cosmos. 

 

Adentrémonos, pois, no seu universo fluído e deixémonos envolver por esta experiencia entre o cine experimental e a arte dixital.

Xisela Franco

Relacións cómplices: vídeo arte, música, danza e arte culinaria. Unha comuñón perfecta para a inauguración desta exposición na que contaremos con:

 

A vídeo instalación de Begoña M. Santiago, a frauta xaponesa de César Viana, a danza de Luz Arcas e a arte culinaria dos cociñeiros Alhambra; Luis Veira e Álvaro Victoriano.

EQUIPO ARTÍSTICO

Begoña M. Santiago

Fotografía

Xurxo Gómez-Chao

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez