menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

CRUCES DE CAMIÑOS

"Enoloxía, música e arte"

Agosto de 2019

 

Galicia / Albania

Difundir a creación galega no ámbito internacional: Nesta edición fomos convidados polo violinista Florian Vlashi, que na  actualidade é o director do Festival de música en Albania, nunhas xornadas na cidade de Durrës que se celebrarán en agosto de 2019 e nas que se adicará unha noite íntegramente ao Camiño de Santiago.

Consistirá na celebración dun concerto que terá como temática a presenza do Camiño de Santiago en Albania, unha temática centrada na existencia dun fresco na Igrexa da Villa de Pllanë que é testemuño do culto de Santiago o Maior en Albania.

 

O programa do concerto incluirá obras dos compositores galegos Hugo Gómez-Chao e Ramón Otero, xunto con repertorio europeo, representado por Vaso Tole, Donika Rudi e György Kurtag; un catálogo de obras para violín solo interpretadas por Florian Vlashi.

 

O evento finalizará cunha cata de viños galegos na que o público albanés desfrutará dunha conversa amena cos participantes do concerto mentres degustan os nosos produtos con denominación de orixe.

PROGRAMA

 

Florian Vlashi, Cruces de camiños

Violín solo.

 

Vaso Tole, "Alla shqiptarçe"

 

Hugo Gómez-Chao, Creron ver durmir nela un xesto

 

Donika Rudi, Kabatronik

 

Ramón Otero,  Antes de percorrer o meu camiño eu era o meu camiño

Estrea absoluta

 

György Kurtag, "Signs, Games and Messages"

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez