menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

ESPAZOS PARA A ESCOITA

Encontros, master class, ensaios de portas abertas.

8 de marzo, 22 de abril, 31 de maio

CSM Vigo

Este proxecto nace da necesidade de establecer vínculos entre as institucións da nosa comunidade musical, co obxectivo de crear contextos produtivos de aprendizaxe cos novos talentos da composición en Galicia e procurar espazos de difusión para dar a coñecer a súa obra.

En tres encontros con tres compositores contemporáneos, un grupo de oito participantes do alumnado de Composición do Conservatorio Superior de Vigo realizará un traballo progresivo sobre as súas partituras.

 

Ao remate dos encontros, os tres compositores seleccionarán unha das obras presentadas polo alumnado participante para a súa estrea na edición 2020 do Festival RESIS.

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez