menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

Romina Casile & Marco Maril (Músico invitado)

A PANTASMA DUN XESTO

Venres, 10 de maio

 

A Normal

Universidade da Coruña

 

20:00h, Entrada libre

(ata completar aforo)

“A pantasma dun xesto” encontra o seu accionar no poema "Unha tirada de dados xamais abolirá o azar" (Un coup de dés jamais n'abolira le hasard, 1987) de Stéphane Mallarmé.

O proxecto parte da concepción do mencionado texto coma unha especie de partitura. A partir de alí, desprega unha serie de pezas que deveñen sonoras como resultados da reescritura e a tradución como poéticas do facer.

Mediante a reescritura vólvense a escribir as mesmas palabras, pero o sentido é irremediablemente (e imperceptiblemente) distinto. Son palabras que atravesaron un corpo e foron transformadas e voltas a escribir. Neste accionar é onde imprimimos novos sentidos, impregnados de linguaxes intuitivas e asociativas. É ese xesto, invisible á vista, pero substancial no movemento. 

Traducir vén do latín traducere, que significa “pasar dun lado ao outro”. Repara na concepción deste termo como forma de expresar, interpretar, converter, mudar algo de forma diferente á que foi expresada. Experimenta en diferentes formas de traducir e neste caso, a tradución funciona como dispositivo de transformación cara a unha manifestación sonora.

Con isto trata de indagar nos desprazamentos, transferencias, efectos e ecos que se van producindo no traspaso dun xesto a outro. Poñendo ao descuberto as posibles refraccións que un texto pode esconder.

EQUIPO ARTÍSTICO

 

Artista

Romina Casile

Músico invitado

Marco Maril

Fotografía

Xurxo Gómez-Chao

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez