menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

David Durán

TRAXEDIA DA ESCOITA

Sábado, 18 de maio

 

Fundación Luis Seoane

 

20:30h, Entrada libre

(ata completar aforo)

"Noite dos museos"

Toshio Hosokawa (1955), Luigi Nono (1924-1990) e Enrique X. Macías (1958-1995) conforman a terna que protagoniza o recital de David Durán Arufe (piano), solista de Vertixe Sonora.

 

De Hosokawa presenta Nacht Klänge, única peza acústica do programa que  evoca os “sons da noite” cun singular imaxinario sonoro que aúna innovación e forte raizame nas tradicións xaponesas.

 

Acompáñalle no programa ..…sofferte onde serene… para piano e banda magnética, onde Luigi Nono expresa a experiencia da dor e que constitúe unha referencia absoluta do pianismo con medios electrónicos do século XX. O son acústico e os pregravados (con)fúndense en resposta ás campás que resoan sobre unha lagoa na súa Venecia natal.

 

O entramado sonoro da un paso máis con Cadencias e Interludios / Percurso I, unha composición do malogrado compositor vigués Enrique X. Macías, para piano, banda magnética e dispositivo electroacústico que propón refinadas relacións entre o son orixinal do instrumento, os gravados e os resultantes da manipulación da electrónica en vivo.

Coa participación do cociñeiro Alhambra Xoán Crujeiras que realizará unha creación gastronómica en homenaxe ao compositor vigués Enrique X. Macías,

EQUIPO ARTÍSTICO

Piano

David Durán

 

Presentación / conferencia

Paco Yáñez (relator)

Vídeo

Tono Galán

Clara Porta

Iluminación

Octavio Más Ibáñez

PROGRAMA

Toshio Hosokawa Nacht Klänge (1994/96)

Piano.

Luigi Nono ..…sofferte onde serene… (1974-76)

Piano e banda magnética.

Enrique X. Macias Cadencias e Interludios / Percurso I (1989-92)

Piano, banda magnética e dispositivo electroacústico.

Fotografía

Xurxo Gómez-Chao

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez