menu.png
LOGO RESIS 19 BLANCO.png

César Viana

& Luz Arcas

UBUME

Sábado, 4 de maio

 

Igrexa das Capuchinas

​Rúa Panaderas, 42

A Coruña

 

 20:00h, Entrada libre

(ata completar aforo)

Ubume xorde do encontro entre a música de shakuhachi (frauta xaponesa tocada por monxes budistas) e a danza contemporánea experimental, un diálogo despoxado e desprotexido, que se enfronta sen medo á nudez do tempo e do espazo. 

 

Ubume é un termo da mitoloxía xaponesa para nomear a un tipo de espírito feminino (yokai): unha muller que morreu durante o parto, e que vaga pola terra co seu fillo vivo en brazos, mendigando para alimentalo e incluso, suplicando que algún transeúnte se faga cargo del. 

 

O shakuhachi é unha frauta de bambú xaponesa tocada polos Komuso (monxes do nada inexistente), monxes samurai que percorrían os camiños do Xapón feudal pedindo limosna e tocando a súa frauta. Máis que un instrumento musical, o shakuhachi servía para a práctica do Suizen (meditación soprada), unha alternativa ao Zazen (zen sentado). As 36 pezas del Honkyoku (repertorio orixinal) foron recollidas no século XVIII por Kinko Kurosawa, un komuso, e ao longo das últimas décadas a osadía das súas técnicas instrumentais e a súa expresividade intensa inspiraron importantes compositores contemporáneos occidentais.

A peza é unha proposta do Festival Resis, onde se celebrará a estrea absoluta. 

EQUIPO ARTÍSTICO

Shakuhachi

César Viana

 

Coreografía

Luz Arcas

Iluminación

Octavio Más Ibáñez

Fotografía

Xurxo Gómez-Chao

Resis Festival A Coruña

resisfestival@gmail.com

  • Instagram - Resis Festival
  • Facebook - Resis Festival
  • Twitter - Resis Festival
  • Vimeo - Festival Resis

Imaxe por Xurxo Gómez-Chao

Deseño web por Paloma Rodríguez